Utilizamos cookies de terceros para mejorar continuamente nuestros servicios. Si continúas navegando aceptas el uso de éstas.   Más Intormación - Aceptar.


OBJETIVOS Y FUNDAMENTOS

Os premios "Dolmen de Ouro", convocados pola Federación de Empresarios de Barbanza (FEB), teñen como obxectivo o recoñecemento social dos mellores proxectos de iniciativa e desenvolvimiento empresarial no ámbito xeográfico de actuación da FEB, e que ademais sirvan como exemplo e estímulo para o desenvolvimiento e consolidación de novos proxectos, fomenten a cultura e a implantación dun tecido empresarial sólido na zona, axudando así ao desenvolvimiento social e económico da mesma.

Os premios serán entregados nunha gala anual que determinará en tempo, lugar e forma a asemblea da FEB, e integrará os sectores sociais, culturais, empresariais e da administración, propiciando o recoñecemento público dos premiados e o establecemento de lazos de unión de todos os sectores, unión necesaria para o bo desenvolvimiento da actividade económica.

 

 

 

PREMIOS Y CATEGORÍAS

Establécense dous tipos de premios: de recoñecemento e honor, e de categoría.


Premios de Recoñecemento e Honor.
Serán outorgados pola directiva da FEB -máximo dous por convocatoria podendo quedar desertos nalgún deles. A estes poderán optar persoas físicas, xurídicas ou colectivos que aportaran ou colaboraran significativamente ao desenvolvemento cultural, social, empresarial ou económico do ámbito de actuación da FEB, ou que coa súa actuación participaran ou apoiaran activamente a actividade da FEB.


As candidaturas poderán ser presentadas -dentro dos prazos fixados pola FEB- por calquera membro da directiva da FEB ou por calquera dos presidentes das distintas asociacións que pertencen á FEB.


Serán presentadas na oficina da FEB acompañadas dun dossier en formato papel (preferiblemente dixital en PDF) cun máximo de dez folios ou diapositivas que expliquen os motivos e méritos da candidatura. Este dossier poderá ser acompañado dun vídeo cunha duración non superior a tres minutos. A decisión de outorgar o premio será responsabilidade da directiva da FEB e será irrevocable.

 

 

 

© Federación de Empresarios do Barbanza. Centro Social - 3ª planta · 15930 Boiro (A Coruña)  ·  Tfno: 981 848 216  ·  Email: correo@feba.es