Utilizamos cookies de terceros para mejorar continuamente nuestros servicios. Si continúas navegando aceptas el uso de éstas.   Más Intormación - Aceptar.


GALA DOLMEN 2015

O Dolmen de Axeitos asentado en Ribeira simboliza ao empresariado das comarcas de Barbanza, Muros, Noia, Sar e Mazaricos, afirmación que se pon de manifesto en que o vestixio, con preto de 2.500 anos de antigüidade, inspira aos premios da patronal organizada na Federación de Empresarios do Barbanza que van camiño de cumprir os trinta anos dende a súa instauración.

A xoia megalítica é unha demostración de fortaleza e firmeza, características aplicables ao tecido económico deste territorio que dende 1987 converte en protagonistas da súa puxanza a un feixe de emprendedores de maior ou menor tamaño, pero sempre exemplo de valentía e aposta polo emprego e a xeración de riqueza. Neste contexto, o pasado venres 16 de outubro de 2015, 17 empresas foron nominadas para obter os recoñecementos á Empresa Familiar, á Implantación de I+D+i, á Internacionalización, á Promoción Turística e á Iniciativa Emprendedora, pero só cinco se repartiron os dolmen, aínda que, como dixo o voceiro do xurado, Ernesto Sáenz de Buruaga, todas tiñan méritos para acadar os galardóns. Foi a festa do emprendemento e do optimismo na que se deu cita unha ampla representación da sociedade deste territorio.

PREMIADOS:

EMPRESA FAMILIAR: CONFITERÍA DOMINGA (Noia)

IMPLANTACIÓN I+D+i: INFONOVA (Noia)

INTERNACIONALIZACIÓN: FESBA (Dodro)

PROMOCIÓN TURÍSTICA: ALDEA OS MUÍÑOS (Rianxo)

INICIATIVA EMPRENDEDORA: SISTEMAS EFICIENTES ECOFOGAR (Outes)


RECOÑECEMENTOS HONORÍFICOS:

COGAMI
Manuel Tomé Arca


FINALISTAS:

Categoría Empresa familiar:

Pulpería Rial (Padrón)
Restaurante Tanxil (Rianxo)
Construcciones Domínguez Arias e Hijos (Ribeira)
Muebles Santiago Vidal (Ribeira)


Categoría Implantación I+D+i:

Clínica dental Mares (Rianxo)


Categoría Internacionalización:

D-DUE (Rianxo)


Categoría Promoción turística:

IN9 Eventos (Boiro)
Hotel Noia (Noia)


Categoría Iniciativa emprendedora:

Suministros Navales Santa Uxía (Ribeira)
Triwus (Boiro)

 

 


GALERÍA DE IMAXES

Por algún motivo no se a completado la carga del separador, pincha el botón recargar para intentarlo de nuevo.

Recargar
Por algún motivo no se a completado la carga de la galeria, pincha el botón recargar para intentarlo de nuevo.

Recargar

 

 

Reseñas nos medios de comunicación

Por algún motivo no se a completado la carga del separador, pincha el botón recargar para intentarlo de nuevo.

Recargar

© Federación de Empresarios do Barbanza. Centro Social - 3ª planta · 15930 Boiro (A Coruña)  ·  Tfno: 981 848 216  ·  Email: correo@feba.es