Utilizamos cookies de terceros para mejorar continuamente nuestros servicios. Si continúas navegando aceptas el uso de éstas.   Más Intormación - Aceptar.


GALA DOLMEN 2016

O pasado 2 de setembro tivo lugar no concello de Dodro no seu emblemático Pazo de Lestrove a XXVIII Gran Gala Dolmen de Ouro, na que se procedeu ao recoñecemento co Dolmen de Ouro de cinco empresas da comarca. A este relevante acto asistiron arredor de cento cincuenta empresarios das comarcas de Sar, Barbanza e Noia, que contaron coa presencia e destacadas e numerosas autoridades, entre as que cabe citar as seguintes:

En representación da Xunta de Galicia acudiu o seu Conselleiro de Economía, Emprego e Industria -Francisco Conde-, a Directora Xeral de Comercio -Sol Vázquez-, a Directora de Promoción da Axencia Turismo  de Galicia -Carmen Pita-, o Subdirector de Información do Igape -Curro López-;  e a Xerente da Fundación Artesanía de Galicia -Elena Fabeiro-.

Pola Deputación Provincial da Coruña asistiron os seus dous principais dirixentes, o seu Presidente -Valentín González Formoso- e a súa Vicepresidenta -Goretti Sanmartín-.

No que respecta aos alcaldes, ademais do anfitrión -Valentín Alfonsín-, desprazáronse ao Pazo de Lestrove os alcaldes de Padrón, Rianxo, Boiro, Noia e Muros. Tamén asistiron a Deputada Autonómica -Herminia Pouso- e o Senador -José Luis Torres-.

Representando ás organizacións empresariais,  ademais do presidente da FEB -José Ramón Romero- e da presidenta da asociación anfitriona -María Calvo-, contamos tamén co resto de presidentes das asociacións que integran a FEB, e tamén co apoio dos presidentes da Confederación de Empresarios de Galicia e da Confederación de Empresarios da Coruña -Antonio Diéter Moure e Antonio Fontenla, respectivamente, así como co presidente da Federación Provincial da Coruña -Miguel Agromayor-.

PREMIADOS:

EMPRESA FAMILIAR: FARMACIA BUSTO

IMPLANTACIÓN I+D+i: BIOTÉCNICAS APLICADAS “BIOEUROPE”

INTERNACIONALIZACIÓN: INTERSUMI

PROMOCIÓN TURÍSTICA: A POUSADA DAS ÁNIMAS

INICIATIVA EMPRENDEDORA: PACO´S MODA


RECOÑECEMENTOS HONORÍFICOS:

CRUZ VERMELLA ESPAÑOLA



FINALISTAS:

Categoría Empresa familiar:

FARMACIA BALTAR
SOTO LAVADO ENGRASE Y NEUMÁTICOS



Categoría Promoción turística:

ALCALDE Y TOMÉ “D´FÁBULA OCIO”


Categoría Iniciativa emprendedora:

CENTRO CHAKRA



 

 


GALERÍA DE IMAXES

Por algún motivo no se a completado la carga del separador, pincha el botón recargar para intentarlo de nuevo.

Recargar
Por algún motivo no se a completado la carga de la galeria, pincha el botón recargar para intentarlo de nuevo.

Recargar

© Federación de Empresarios do Barbanza. Centro Social - 3ª planta · 15930 Boiro (A Coruña)  ·  Tfno: 981 848 216  ·  Email: correo@feba.es