Utilizamos cookies de terceros para mejorar continuamente nuestros servicios. Si continúas navegando aceptas el uso de éstas.   Más Intormación - Aceptar.

 

PUNTOS DE ATENCIÓN AO EMPRENDEDOR
A FEB é un punto PAE

Por algún motivo no se a completado la carga del separador, pincha el botón recargar para intentarlo de nuevo.

Recargar

A Federación de Empresarios de Barbanza (FEB) participa activamente na aplicación práctica da nova “Lei do Emprendemento”, que aprobou a finais do ano pasado a Xunta de Galicia.

Un dos proxectos destacados incluídos nesta nova Lei posibilita a activación da “Unidade Galicia Emprende” por parte do Igape, que a través dos “Puntos de Activación Empresarial” se asesorará de forma profesional aos emprendedores sobre a viabilidade das súas ideas de negocio e as posibles axudas postas a disposición dos seus proxectos.

Así tras analizar a viabilidade dun proxecto (máximo 30 días), se este é viable o/a emprendedor/a poderá crear unha nova empresa en 24 horas, gracias á  tramitación telemática e ao servizo que ofrecerá “Galicia Emprende”. Deste xeito a FEB colabora co Igape, sendo recoñecida polo Ministerio de Industria, Enerxía e Turismo, a través da Dirección Xeral de Industria e da Pequena e Mediana Empresa), como PAE (Punto de Atención ao Emprendedor), integrado na rede CIRCE (Centro de Información e Rede de Creación de Empresas).

Este punto PAE da FEB -o único público na comarca estando os máis próximos en Santiago de Compostela- asesora e presta servizo aos emprendedores, tanto na xestación, tramitación administrativa e posta en marcha das iniciativas empresariais como nas primeiras etapas da actividade. Tamén se lles asesora, informa e tramita aos emprendedores sobre as axudas dispoñibles por parte das distintas Administracións, dende o inicio ao remate dos expedientes administrativos.

Co obxectivo de axilizar ao máximo os trámites administrativos necesarios para a constitución e posta en marcha das empresas, realízanse os mesmos por medio de técnicas electrónicas, informáticas e telemáticas. Así e a través do DUE (Documento Único Electrónico), que contén toda a información necesaria para a realización dos trámites de constitución da empresa para o cumprimento das obrigas en materia tributaria e de Seguridade Social inherentes ao inicio da súa actividade, permite a creación da nova empresa en 24 horas, podendo ser Empresarios/as Autónomos/as individuais, Sociedades Limitadas Nova Empresa (SLNE) e Sociedades de Responsabilidade Limitada (SRL).

 

Ligazón: Centro de Información y Red de Creación de Empresas (CIRCE)

© Federación de Empresarios do Barbanza. Centro Social - 3ª planta · 15930 Boiro (A Coruña)  ·  Tfno: 981 848 216  ·  Email: correo@feba.es