Utilizamos cookies de terceros para mejorar continuamente nuestros servicios. Si continúas navegando aceptas el uso de éstas.   Más Intormación - Aceptar.

SERVIZOS

Por algún motivo no se a completado la carga del separador, pincha el botón recargar para intentarlo de nuevo.

Recargar

1. FORMACIÓN

A Federación ofrece aos seus asociados un amplo abanico de cursos de formación durante todo o ano. O motivo é poñer a disposición dos nosos asociados a especialización e capacitación profesional necesarias para volvelos competitivos nos seus negocios.



2. CAMPAÑAS E EVENTOS

Outra das vantaxes de asociarse á FEB é a posibilidade de participar nos distintos eventos que se promoven desde o seo da Federación e que se organizan dentro dela, como pode ser a Campaña de Nadal, na que os beneficios dos participantes multiplícanse, ao dispoñer dun maior orzamento destinado á publicidade, agasallos e premios.



3. INFORMACIÓN

Asociarse permitiralle estar sempre informado das axudas, subvencións, lexislación, en definitiva, de todo canto se move a nivel empresarial que lle poida afectar ou do que se poida aproveitar. O asociado dispón da información relevante puntualmente e de forma clara e comprensible.



4. SEGURIDADE

A experiencia e os recursos da FEB están sempre á súa disposición, proporcionándolle seguridade tanto no marco lexislativo como empresarial. As dúbidas e cuestións serán resoltas por técnicos e dispoñerá da información e o respaldo que en cada momento necesite.



5. FORTALEZA

A unión fai a forza, e moito máis no noso ámbito. A presenza da FEB dentro de organismos como a Cámara de Comercio de Santiago, a Confederación de Empresarios da Coruña ou a Federación Galega de Comercio, garante unha mellor defensa dos intereses do tecido empresarial da comarca e da súa propia empresa que, doutro xeito, non tería a mesma visibilidade e fortaleza á hora de defender os seus dereitos.



6. SUBVENCIÓNS

A Federación mantén aos seus asociados puntualmente informados de todas e cada unha das subvencións das que se poden beneficiar; resolve as súas dúbidas e axuda e acompaña á hora de tramitalas.



7. ASISTENCIA XURÍDICA

A FEB pon a disposición dos seus asociados servizos tan importantes como o da asistencia xurídica. A consulta de toda a lexislación dispoñible no que incumbe á actividade comercial e empresarial estará ao seu alcance. Do mesmo xeito, técnicos resolverán as súas dúbidas.



8. VISIBILIDADE

Benefíciese do que significa pertencer a unha Federación con tradición e influencia. A FEB leva consigo o nome dos seus asociados, proporcionando visibilidade social e maior peso específico no ámbito empresarial.



9. CONVENIOS

Como membro asociado da FEB ten a posibilidade de beneficiarse de numerosos convenios coas principais firmas dos máis variados sectores: estacións de servizo, universidades, compañías de seguros, telefonía, banca, formación...

* Para gozar destas vantaxes debe asociarse a algunha das asociacións que nos integran.

© Federación de Empresarios do Barbanza. Centro Social - 3ª planta · 15930 Boiro (A Coruña)  ·  Tfno: 981 848 216  ·  Email: correo@feba.es